Willem Schouten
![]() ![]() | |
Biografía | |
---|---|
Nacemento | c. 1577 ![]() Hoorn ![]() |
Morte | 1625 ![]() Baía de Antongil (pt) ![]() ![]() |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | Provincias Unidas ![]() |
Actividade | |
Ocupación | explorador ![]() |
Lingua | Lingua neerlandesa ![]() |
![]() |
![](http://upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/thumb/5/5e/Willem_Cornelisz_Schouten_1625.png/220px-Willem_Cornelisz_Schouten_1625.png)
Willem Cornelisz Schouten, nado en 1567, e finado en 1625, foi un navegador neerlandés natural da cidade de Hoorn. Con Jacob Le Maire realizou unha viaxe de exploración do océano Pacífico descubrindo o Cabo de Fornos. As illas Schouten, ó norte da Nova Irlanda, Papúa Nova Guinea, recibiron o seu nome.
Willem Schouten era un navegante con experiencia que xa tiña feito tres viaxes para a Compañía Holandesa das Indias Orientais. Xuntouse á Compañía Australiana, organizada en Hoorn, como capitán do Eendracht na expedición de Jacob Le Maire (1615-1616). O seu irmán, Jan Schouten, era o capitán do Hoorn que se incendiou mesmo antes de dobrar o cabo de Fornos, e pouco despois Jan morreu de escorbuto.
Cruzou o Pacífico descubrindo, entre outras illas, as illas Hoorn (Futuna e Alofi en Wallis e Futuna), nome da súa cidade natal. Convenceu a Le Maire a seguir a ruta polo norte da Nova Guinea, doutro xeito irían parar ó perigoso Mar do Coral ó norte de Australia.
O navío foi confiscado en Xava por quebrar o monopolio da Compañía Holandesa das Indias Orientais, e Schouten foi enviado a Ámsterdam. Axiña publicou o relato da viaxe, en 1618, con grande éxito popular e múltiples reedicións e traducións.
Nunha quinta viaxe morreu, en 1625, próximo a Antongil, en Madagascar.
Véxase tamén[editar | editar a fonte]
Outros artigos[editar | editar a fonte]
Bibliografía[editar | editar a fonte]
- Edward Duyker Mirror of the Australian Navigation by Jacob Le Maire: A Facsimile of the ‘Spieghel der Australische Navigatie . . .’ Being an Account of the Voyage of Jacob Le Maire and Willem Schouten 1615-1616 published in Amsterdam in 1622, Hordern House for the Australian National Maritime Museum, Sydney, 1999, pp. 202, ISBN 1 875567 25 9.